O narrador camerunés Boniface Ofogo chega a Valdoviño para abordar a necesidade de contar contos ás nenas, nenos e xuventude

Doutor en Filoloxía Hispánica e escritor, reivindica os contos como unha ferramenta imprescindible no aprendizaxe humano

Valdoviño, 9 de maio de 2022. O narrador, doutor en Filoloxía Hispánica e escritor camerunés afincado en España Boniface Ofogo ofrecerá este xoves en Valdoviño unha charla «Sobre a necesidade de contar contos ás nenas, aos nenos e á xuventude». Unha proposta cultural pensada para todos os públicos e con entrada libre ata completar aforo, que se desenvolverá na Biblioteca Municipal a partir das 18 horas.

Dende hai máis de 30 anos, Boni Oface adícase a escribir e narrar contos africanos. Autor da obra autobiográfica «Una vida de cuento» centrada na relevancia da tradición oral en África, tamén ten publicado o libro «El león Kandinga», sobre a tradición oral da tribu dos bantú. Ten levado os seus contos por todo o territorio nacional e tamén Europa e Sudamérica. 

Fronte á sociedade actual, na que a tradición oral perde peso e significación a favor das novas tecnoloxías, reivindica os contos como unha ferramenta imprescindible no aprendizaxe humano. E así o fará este xoves en Valdoviño, no marco da programación cultural deseñada polo Concello.