O Concello recepciona as casetas para aseos e servizo de socorrismo

A empresa local IMAFER subministrou as infraestruturas

Valdoviño, 20 de outubro de 2021. O Concello de Valdoviño vén de recepcionar o subministro de 5 casetas destinadas a aseos e outras 3 para o servizo de socorrismo. Infraestruturas en madeira tratada que o Concello utilizará na celebración de eventos e actividades deportivas vencelladas ás praias do municipio. De feito, un dos módulos estivo operativo no pasado Pantín Classic e outros dous dan servizo hoxe en día ás praias de Vilarrube e O Baleo (Pantín). Outra das infraestruturas destinada a aseos terá como destino a praia da Mourillá unha vez que a Xunta de Galicia autorice a demolición da caseta actual, en avanzado estado de deterioro. E, as outras 2 instalacións -para dar servizo aos socorristas-, ubicaranse na tempada estival en Outeiro e Campelo. 

O concelleiro de Obras, Alejandro García, explica que as infraestruturas contan con depósitos incorporados, de tal xeito que non requiren instalación previa e son compatibles coa súa ubicación en espazos protexidos. 

Así mesmo, a empresa local IMAFER foi a adxudicataria da adquisición, cofinanciada por Deputación e Concello, e permitirá á Administración local evitar o desembolso polo aluguer destas instalacións, estimado nuns 10.000 euros anuais.