O Concello reabre os parques infantís e biosaudables e a pista deportiva da Frouxeira

A Policía Local desprecintaba esta mañá as instalacións

O Concello de Valdoviño informa de que os parques infantís e biosaudables volven a estar abertos á veciñanza tras o último peche decretado hai semanas como medida de prevención fronte á covid-19. A estas infraestruturas súmase tamén a pista municipal da Frouxeira, a única de titularidade municipal que durante ese periodo permaneceu baixo as restricións.

A medida adóptase unha vez rebasada a Semana Santa, periodo de especial chegada de visitantes, e atendendo á prudente evolución da situación sanitaria. En todo caso, dende o Concello apélase a un uso responsable das instalacións, mantendo en todo momento as distancias interpersoais. Non é momento de baixar a garda para, así, continuar avanzando na desescalada. 

Neste contexto, esta mesma mañá axentes da Policía Local procedían a retirar os precintos das instalacións.