O Concello habilita Puntos Violeta con acceso a información útil para actuar fronte a situacións de violencia machista
A iniciativa forma parte da campaña municipal Somos e Contamos e conta co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Valdoviño, 29 de xuño do 2023. O Concello de Valdoviño vén de instalar Puntos Violeta en diferentes emplazamentos do municipio. Uns carteis cun código QR que dá acceso á Guía Punto Violeta para actuar fronte á violencia machista, afondando así en materia de divulgación e sensibilización, especialmente na zona rural. Estas son as súas localizacións: centro de saúde, farmacias, librería, casa da cultura, oficinas da Policía Local, departamento municipal de Servizos Sociais e cooperativas. A iniciativa forma parte da campaña municipal Somos e Contamos de prevención da violencia machista, e conta con financiamento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Así mesmo, no Punto Violeta situado no departamento municipal de Servizos Sociais ofrecerase en préstamo un listado de libros relacionados coa igualdade e a prevención da violencia de xénero, así como coa diversidade persoal e sexual.
Por último, a campaña contempla a divulgación doutro material de sensibilización. Nesta ocasión, e co fin de achegar a información ao maior número de persoas posible, as mensaxes van impresas nunhas prácticas bolsas de praia para o seu reparto entre a veciñanza a través do departamento de Servizos Sociais e da Casa da Cultura