O Concello reabrirá este sábado a piscina
Os seus horarios: de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas
Valdoviño, 29 de xuño do 2023. O Concello de Valdoviño avanzou esta mañá que a piscina municipal de Lago reabrirá as súas portas este sábado, 1 de xullo. O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, visitaban esta semana as instalacións para supervisar as tarefas de mantemento e posta a punto do vaso de cara á súa posta en servizo. A piscina reservarase para o baño libre de luns a venres de 16 a 20 horas, e sábados, domingos e festivos de 12 a 20 horas.
Os prezos mantéñense respecto a anos precedentes: 2,5 euros para persoas adultas e 1,5 para menores. Ademais, ofrécese a posibilidade de expedir o bono familiar, a un custe de 20 euros para 15 baños (un baño dá acceso a todos os integrantes da unidade familiar, pais/nais e fillos/as).
Estes bonos e entradas deben tramitarse na propia piscina e achegarse o Libro de Familia (no primeiro caso).