O Concello felicita á Asociación organización da Baixada de Carrilanas a San Mamede polo éxito da 25 edición do evento

A tradicional cita volveu trunfar entre o público, atraendo a milleiros de visitantes á localidade

Valdoviño, 16 de agosto do 2023.O Concello de Valdoviño traslada á Asociación organizadora da Baixada de Carrilanas a San Mamede a súa felicitacións polo éxito acadado na 25 edición, desenvolvida durante a pasada fin de semana. A cita, que aspira a ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, volveu demostrar a súa efectividade como polo de atracción de visitantes, grazas a unha oferta consolidada que, como sempre, xunta deporte e a mellor diversión.

Grazas á baixada, puntuable para la Copa de España y para la Copa de Europa, Valdoviño volveu ser un referente a nivel nacional no que atinxe aos deportes de inercia. E así, milleiros de persoas, entre curiosas e apaixoadas da velocidade, volveron vibrar con cada baixada polo percorrido de algo más de 1,2 km entre o Graño e San Mamede. En paralelo, a cita soubo potenciar como nunca as súas actividades complementarias nunha aposta clara por crear afección entre os máis novos, e reforzar o atractivo do evento para todos os públicos.

Representantes do Concello, que brindou un ano máis apoio á iniciativa, foron partícipes da celebración. E así, dende o Concello destacan o bo facer da organización, o traballo de cantas persoas colaboran para garantir a seguridade e, como non, o talento e valor dos deportistas. A concelleira de Cultura, ademais de Deputada de Industria, Empresa, Emprego e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosana García; o edil de Deportes, Sergio Saavedra, e o concelleiro de Obras, Alejandro García, participaron na entrega de trofeos.

O Concello de Valdoviño e a Asociación organizadora da Baixada de Carrilanas a San Mamede traballan dende hai uns meses, man con man, no expediente para que a Xunta declare o evento de Interese Turístico Galego. E o éxito da 25 edición non fai senón apuntalar a demanda deste recoñecemento, reforzando ademais as opcións de que a localidade poida albergar no futuro o Campionato de Europa.