O Concello de Valdoviño organiza unha ruta de sendeirismo por Punta Chirlateira

Con participación gratuíta, abre hoxe inscricións na actividade, que se celebrará o 9 de setembro con saída da praia do Baleo

Valdoviño, 29 de agosto do 2023. O Concello de Valdoviño avanzou esta mañá que o próximo sábado 9 de setembro organizará unha nova ruta de sendeirismo a Punta Chirlateira. Volverá a aliarse coa firma Portal Norte para guiar o percorrido, de carácter circular e con saída da praia do Baleo. Cunha duración estimada de tres horas, arrancará ás 9:30 horas para cubrir un itinerario duns 7 quilómetros de dificultade baixa pensado para desfrutar de extraordinarios paisaxes litorais tanto do municipio de Valdoviño como de Cedeira.

A participación é gratuíta, con prazas limitadas e prioridade para as persoas empadroadas en Valdoviño no caso de que a demanda exceda a oferta. As inscricións ábrense hoxe, ata o 6 de setembro, e para anotarse é preciso enviar a solicitude, adxuntando unha copia do DNI por ambas caras ao email deportes@concellodevaldovino.com