O Torneo de Tenis Praia na Frouxeira aprázase ata o 23 de setembro
O Concello abre un novo prazo de inscrición na competición
Valdoviño, 31 de agosto do 2023. As adversas previsións meteorolóxicas para a fin de semana levaron ao Concello de Valdoviño a determinar novamente o aprazamento do III Torneo de Tenis Praia previsto para este sábado 26 de agosto na praia da Frouxeira, e fixar unha nova data para o 23 de setembro. Deste xeito, o Concello, que organiza a competición coa colaboración da Escola de Tenis Justo al Revés, abrirá hoxe un novo prazo de inscrición para as parellas que desexen tomar parte na cita, reservando praza para aquelas que se anotaron ata a data e queiran confirmar asistencia o 23 de setembro.
Para anotarse, hai que chamar ao teléfono 696 84 45 53. A cuota é de 18 euros e o prazo tope é o 18 de setembro. O torneo disputarase na modalidade de dobres nas categorías absoluta e xuvenil.