O Concello de Valdoviño facilita a fase práctica da súa formación a alumnado do CIFP Rodolfo Ucha
O alcalde, Alberto González, e o director do centro, Fernando López, asinan os convenios de colaboración que permitirán a cinco estudantes completar a súa formación na Administración local
Un total de 5 alumnos e alumnas do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro están a realizar as súas prácticas no Concello de Valdoviño, complementando así a súa formación. Unha iniciativa posible grazas aos convenios de colaboración subscritos entre o alcalde, Alberto González, e o director do centro, Fernando López.
Os estudantes iniciaban a semana pasada esta fase formativa, que se prolongará ata o mes de xuño, ata completar 384 horas. Son alumnos do ciclo de Asistencia á Dirección, en prácticas nas oficinas xerais; Ensinanza e animación sociodeportiva, no departamento municipal de Deportes, e máis Guía, información e asistencia turísticas, no Océano Surf Museo. Neste último caso, están a participar no deseño de novas rutas turísticas, así como na actividade do museo e da programación cultural en exterior que se realiza dende Cultura.