O Concello de Valdoviño colabora co labor de Protección Civil mediante unha achega de 10.000 euros

O alcalde, Alberto González, e o presidente da agrupación, Francisco Dopico, subscribiron o acordo de colaboración referente a este ano

Valdoviño, 11 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño respalda a actividade diaria da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil mediante unha axuda de 10.000 euros neste 2022. O alcalde, Alberto González, e o responsable da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, Francisco Dopico, asinaban o correspondente acordo de colaboración referente ao presente ano. Unha partida coa que cada exercicio a Administración local contribúe a financiar os gastos de seguros, coberturas médicas, mantenemento de equipos ou instalacións, e neste exercicio, tamén parte do material enviado pola agrupación a La Palma. 

Unha labor importante e fundamental, imprescindible a de Protección Civil, que o alcalde agradeceu e quixo poñer en valor en nome dos veciños e veciñas de Valdoviño.