Alumnado do Atios participa das actividades a favor da igualdade e loita contra a violencia de xénero do Punto violeta. Agresión OFF
A iniciativa inclúese na programación deseñada polo Concello con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Valdoviño, 11 de novembro do 2022. A programación «Somos e Contamos» deseñada polo Concello de Valdoviño con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres continuaba onte cunha actividade dirixida á mocidade. Alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios participaban nas accións desplegadas ao longo da mañá no «Punto violeta. Agresión OFF» instalado no exterior da casa da cultura.
A iniciativa busca achegar á poboación os recursos para avanzar na igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e para iso, activa diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas. Todos eles, deseñados para ser inclusivos e accesibles e abertos a todas as idades.
O desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o namoramento, alerta ante micromachismos, parella e igualdade ou autoestima e a valoración persoal, son algunhas das temáticas que se abordaron nesta xornada.