O Concello de Valdoviño abre o prazo para solicitar praza no programa Concilia Tempos Mañás de cara ao próximo curso

O servizo de almorzos ofrecerase no CPI Atios e escolas unitarias

Valdoviño, 2 de xuño de 2022. O Concello de Valdoviño abrirá mañá venres, 3 de xuño, o prazo de inscrición no programa municipal Concilia Tempos Mañás e as familias interesadas no servizo xa poden descargar da web municipal o impreso de matrícula, que deberá presentarse no rexistro municipal sito na planta baixa da casa consistorial ou a través da sede electrónica. O prazo conclúe o 17 de xuño. 

O servizo de almorzos saudables acompañados de actividades didácticas e de lecer para facilitar a conciliación das familias de Valdoviño ofértase no CPI Atios e escolas unitarias do CRA O Esquío (Lago, Taraza e Vilarrube). Iso si, para a súa posta en marcha debe reunirse un número mínimo de nenos/as usuarios/as. Os horarios para o próximo curso, de novo, volverán ser de 7,30 horas ata o inicio das clases. 

As prazas son limitadas e no caso de existir máis demanda procederase a baremar, tendo preferencia as familias con padrón no Concello e nas que os membros adultos estean a traballar, as numerosas e as monoparentais. O prezo é de 30 euros/mes e 20 euros/medio mes.

FICHA INSCRICIÓN CONCILIA MAÑÁS