O Concello convida á cidadanía a celebrar o Día de Rosalía compartindo a súa caracterización da poetisa

O prazo para participar coas vosas imaxes e vídeos ábrese o mércores 16 de febreiro

Valdoviño, 15 de febreiro de 2022. O Servizo de Normalización Lingüística dos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño activa o proxecto conxunto “Somos Rosalías. Coa forza da lingua”. Unha iniciativa coa que conmemorar o 23 de febreiro, e coa complicidade da cidadanía, o Día de Rosalía. Para iso, animamos a veciños e veciñas a caracterizarse da poetisa galega e enviarnos as vosas fotos para compartir nas redes sociais municipais e na web “Ferrolterra con lingua”, sumándovos así a este particular tributo. Se preferides tamén podedes remitir vídeos coa caracterización e recitar algúns dos versos de Rosalía.

Abrimos prazo de recepción mañá, ata o 21 de febreiro, no correo culturavaldovino@gmail.com e whatsapp 645 305 229