Aprazada ata novo aviso a actuación do coro de cámara Madrigalia na igrexa de Lago

O Concello de Valdoviño traslada o concerto á programación cultural do mes de marzo

Valdoviño, 15 de febreiro de 2022. Por cuestións de saúde, o concerto “Música para un tempo feliz”, a cargo do coro de cámara Madrigalia e anunciado para este domingo 20 de febreiro na igrexa de Lago queda aprazado. O Concello de Valdoviño incluirá o recital na programación cultural do mes de marzo e informará da nova data en canto sexa posible. Moitas grazas e desculpade as molestias