O Concello abre preinscricións nas clases da Escola Municipal de Música

Celebraranse no local social de Sequeiro, e ofértase percusión, piano, guitarra, canto contemporáneo e música en movemento

Valdoviño, 2 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño abre este xoves preinscricións nas clases da Escola Municipal de Música. A programación inclúe percusión, piano, guitarra, canto contemporáneo e música en movemento -neste caso, para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos-. As clases desenvolveranse no local social de Sequeiro -a antiga escola unitaria da Carreira-, e serán dunha hora á semana. O prezo da actividade é de 10 euros ao mes -e de 15 no caso de elixir dous instrumentos-. 

A preinscrición pode formalizarse por 3 vías: presencialmente na casa da cultura -de 11 a 14 e de 16 a 19 h-; descargando os impresos a cubrir da web municipal e enviándoos ao correo culturavaldovino@gmail.com, ou a través da sede electrónica -actividades culturais e deportivas-solicitude de inscrición en aula de actividades-. O prazo concluirá o 11 de novembro ás 14 horas.

Solicitude de inscrición en aula de actividades