O Concello abre inscricións nos Campamentos de Verán da Deputación

Valdoviño ten asignadas 4 prazas para a quenda do 17 ao 22 de xullo

Valdoviño, 19 de abril de 2022.O Concello de Valdoviño abre inscricións para solicitar praza nos Campamentos de Verán 2022 que organiza a Área de Deportes da Deputación provincial da Coruña. Ao noso municipio correspóndenlle 4 prazas na quenda do 17 ao 22 de xullo, con estancia no IES Rosalía Mera da Coruña, onde os nenos e nenas poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades. 

Están dirixidos a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013, e o custe da actividade é de 85 euros. O impreso de solicitude pode descargarse da web municipal e deberá enviarse ao correo deportes@concellodevaldovino.com ou pode entregarse no departamento municipal de Deportes (primeira planta da casa consistorial, de luns a venres de 9 a 14 horas). 

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de maio e, en caso de que a demanda exceda a oferta, realizarase un sorteo da prazas no que terán prioridade aqueles nenos e nenas que non participaran en campañas anteriores.

FICHA INSCRICIÓN