Talía Teatro representará este domingo en Valdoviño “A parábola do angazo”
Entrada libre ata completar aforo para asistir na Casa da Cultura á obra, dirixida a un público maior de 14 anos
Valdoviño, 20 de abril de 2022. A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este domingo 24 de abril, a partir das 19 horas, a representación da obra «A parábola do angazo», de Talía Teatro. Está dirixida a un público maior de 14 anos, con entrada libre ata completar aforo.
A comedia, dirixida por Diego Rey e protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo, chega ao noso municipio co apoio da Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. Inclúese na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día do Libro e, a través da función, a compañía reivindica a nosa lingua botando unha ollada ao noso pasado para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Comentarios