Manuel Manquiña e Ángela Andrada traen a Valdoviño o seu último espectáculo teatral “Todo nunha noite”

Escrita polo actor galego e dirixida por Darío Autrán, a función celebrarase no auditorio municipal o xoves 30 de setembro ás 20,30 horas

Valdoviño, 24 de setembro de 2021. Manuel Manquiña e Ángela Andrada, integrantes da compañía Abismo Caracol Teatro, aterrizarán a próxima semana en Valdoviño para presentar o seu último espectáculo «Todo nunha noite». Será o xoves 30 de setembro, pechando o mes, a partir das 20,30 horas no auditorio da Casa da Cultura. A obra, pensada para un público adulto, está dirixida por Darío Autrán, e escrita por Manquiña. As persoas interesadas en asistir deben retirar a súa invitación na Casa da Cultura, a partir do luns 27 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 h. 

A obra sitúase nun salón, con dúas persoas, unha actriz e un director, moito alcohol e a presenza de Deus e o diaño… e unha proposta. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.