Arrancan as obras de renovación da cuberta no polideportivo de Meirás
Os traballos comenzaron coa desmontaxe das pranchas deterioradas
O Concello de Valdoviño informou esta mañá do inicio das obras de renovación da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Unha intervención que estes días se centra na desmontaxe das placas de policarbonato e do panel sándwich, moi deteriorados e que, xunto á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación, provocaban filtracións ao interior, o que dificultaba a práctica deportiva no interior.
Así, os traballos foron adxudicados á empresa Cubiertas de Pizarra Galicia SL, e neles o Concello está a realizar un investimento de 62.302,90 euros, que financia con cargo ao POS+2019.
As obras contemplan a substitución dunha parte do material de cubrición nunha das augas que conforman a cuberta e a colocación de pezas de remate perimetrais e substitución do canalón.
Unha vez rematadas, o Concello abrirá o prazo de inscrición nas actividades deportivas que a Concellería de Deportes promove nestas instalacións.
.