A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este sábado a Meirás

Estará diante da cooperativa de Meirás en horario de 10 a 15 horas

O Concello informa á veciñanza de que  unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este sábado 7 de novembro. Estará diante da cooperativa de Meirás en horario de 10 a 15 horas.

Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.

 

 

.