Alumnado da ESO do CPI Atios iníciase na práctica de surfskate da man de Friends&Family e o Concello de Valdoviño

A actividade organizada no centro en colaboración co departamento de Educación Física incluiuse no plan de fomento do deporte vencellado ao proceso de concesión de autorizacións ás escolas de surf

Valdoviño, 9 de xuño do 2023. Alumnos e alumnas de 1º curso da ESO do CPI Atios participaban esta semana nunha sesión de iniciación ao surfskate da man da escola Friends&Family. Unha primeira toma de contacto con este deporte para moitos dos mozos participantes, que a maiores foron agasallados cunha clase gratuíta de surf durante o mes de xuño. 

A actividade formaba parte do programa municipal de fomento do deporte no municipio vinculado á concesión de autorizacións ás escolas de surf, que promove o Concello de Valdoviño. Nesta ocasión, a acción parte de Friends&Family, e contou coa colaboración dos docentes do departamento de Educación Física do cole. 

Inicíabase cunha sesión de quentamento, na que Chus, monitor da escola de surf, avanzaba xa algúns contidos teóricos. De seguido, mozos e mozas dividíanse en grupos para practicar os movementos sobre o patín, similares aos que se realizan coa táboa de surf sobre a onda. Así mesmo, rapaces e rapazas tamén puxeron a proba o seu equilibrio e habilidade nun pequeno circuito habilitado para este fin.