Aberto o prazo de inscrición no programa municipal Concilia Tempos Verán!

Debe formalizarse a través do rexistro xeral ou telematicamente

O Concello de Valdoviño abre hoxe o prazo de inscrición no programa Concilia Tempos Verán!, dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Un programa de conciliación da vida laboral e o coidado dos fillos e fillas durante os meses de xullo e agosto que ofrecerá diversas propostas de lecer didáctico todas as mañás de luns a venres de 10 a 14 horas (e con horario de entrada dende as 8,30 horas).

As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos ou fillas poden descargar a ficha da web municipal e deben entregala no rexistro xeral municipal ou presentala telematicamente. O prazo conclúe o 21 de xuño (incluído).

Os campamentos celebraranse no local social de Pantín, e no caso de precisar un segundo espazo en función das inscricións optarase polo local social de Aviño. Os campamentos rexiranse por un estrito protocolo de prevención fronte á covid-19, e a cota de participación é de 50 euros por mes e neno/a (no caso de irmáns/ás aplicarase un desconto do 20%). 

Para obter máis información sobre os criterios de preferencia na concesión ou calquer outro dato, a veciñanza pode dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5.