Alumnado de Primaria e Secundaria do CPI Atios participa no proxecto educativo “Aprende a través do surfing”

Trátase dun programa da Federación Española de Surfing e Surf and Clean, guiado por Valdo Surf School, en colaboración co Concello e o centro

Alumnos e alumnas de 4º curso de Educación Primaria do CPI Atios participaron esta mañá na praia da Frouxeira nos bautismos de surf organizados no marco do proxecto educativo «Aprende a través do surfing» que promove a Federación Española de Surfing e Surf and Clean co apoio do Concello de Valdoviño e do propio centro educativo. Unhas clases de iniciación que se reeditarán este mesmo xoves cos estudantes de 2º curso da ESO. Todos eles tomaban parte ao longo das últimas semanas no programa que, tras unha primeira fase teórica nas aulas para profundizar en conceptos como a defensa do mar ou a igualdade e capacidade de superación que representa o surf, se traslada agora aos areais. 

Así, a xornada desta mañá comezaba a pé de areal con diversas actividades de concienciación medio ambiental. Entre elas, os monitores aprenderon ao alumnado coñecementos sobre biodiversidade e conceptos da cultura do mar tal que as mareas, os ventos, a orientación da praia, as correntes, ou as ameazas e contaminación das praias. Unha recollida de información de utilidade para propoñer a posteriori cambios nos seus hábitos diarios. 

Tras o obradoiro, chegaba a fase práctica. Iniciaban a saída ao areal para identificar a súa flora a modo de búsqueda do tesouro, e ao remate, organizábanse en pequenas cuadrillas para librar a praia de refugallos (plásticos, aluminios, papeis, cartóns…).

Por último, despedían a xornada cos bautismos de surf, clases de iniciación guiadas por Valdo Surf School coas que nenos e nenas puideron aproximarse á práctica deportiva.