Aberto o prazo de inscrición no programa municipal Concilia Mañás no CPI Atios e unitarias de Taraza e Vilarrube

 

As personas interesadas poden descargar o impreso na web municipal

O Concello de Valdoviño abre hoxe o prazo de inscrición no programa municipal Concilia Tempos Mañás e as familias interesadas no servizo poden descargar da web municipal o impreso de matrícula, que deberá presentarse no rexistro municipal sito na planta baixa da casa consistorial ou a través da sede electrónica. O prazo conclúe o 20 de setembro. 

Este servizo comezaba a prestarse o pasado curso e ofértase no CPI Atios e escolas unitarias de Taraza e Vilarrube. Para a súa posta en marcha debe reunirse un número mínimo de nenos/as usuarios/as e, este ano, como principal novidade, amplíanse os seus horarios, xa que comezará ás 7,30 horas e prolongarase ata o inicio das clases. 

A través do mesmo, ofreceranse almorzos saudables e variados e actividades como contos, conversas e música. 

As prazas son limitadas e no caso de existir máis demanda procederase a baremar, tendo preferencia as familias con padrón no Concello e nas que os membros adultos estean a traballar, as numerosas e as monoparentais. O prezo é de 30 euros/mes e 20 euros/medio mes.

Ademais, existirá un protocolo específico da covid-19 que se cumprirá por parte das persoas acompañantes, de xeito que sexa un espazo seguro e igualmente agradable. Manterase a distancia de seguridade e o uso de utensilios personalizados e non compartidos, do mesmo xeito que se manterán unhas entradas seguras e unha incorporación programada ao resto do grupo aula. Por último, sinalar que se manterá unha reunión informativa coas familias antes do inicio do servizo.

.