Todos os resultados das probas realizadas a persoal municipal e concelleiros son negativos

 

O edil positivo continúa no seu domicilio cumprindo o periodo de confinamento

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que todos os resultados das probas realizadas ao persoal municipal da casa consistorial son negativos en coronavirus. Os mesmos resultados que arroxaron os concelleiros e concelleiras que se someteron ás probas.

Por precaución, responsabilidade e prevención, o Concello activaba o protocolo covid na casa consistorial inmediatamente despois de coñecer o venres da semana pasada o positivo dun dos edís da corporación. Neste sentido, o concelleiro iniciaba un confinamento no seu domicilio que continúa a día de hoxe, atopándose con bo estado de saúde.

.