A Volta Ciclista a Meirás, este domingo

Organizada pola asociación de veciños, está aberta á participación de nenos e maiores, con inscrición no local social unha hora antes do inicio

Valdoviño, 10 de agosto de 2022. A XXVIII Volta Ciclista a Meirás celebrarase este domingo 14 de agosto, aberta á participación de nenos e maiores. Organizada pola Asociación de Veciños, arrancará do local social ás 11 horas, e unha hora antes deberán formalizarse as inscricións neste mesmo punto. A cita deportiva, con gran tradición e arraigo no noso municipio, permitirá desfrutar das incribles paisaxes de Meirás e, sobre todo, pasalo ben practicando deporte. Colabora con ela o Concello de Valdoviño, e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acompañará ós participantes no percorrido.

Haberá trofeos para o participante de maior idade, o de menor idade e máis o de menor idade pedaleando. Ademais, sortearase unha bicicleta entre todos e todas, e a organización anuncia máis sorpresas.