A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a Lago e Vilaboa o próximo mes

As persoas interesadas nas revisións deberán solicitar cita previa

 Valdoviño, 24 de outubro de 2023. Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Valdoviño en novembro para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Deste xeito, a unidade estará o 24 de novembro no aparcadoiro da cooperativa de Lago, de 9:00 a 13:30 horas, e o 27 de novembro, na contorna da estación de servizo da cooperativa de Vilaboa en horario de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h. 

Así, as persoas interesadas deberán solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. O prazo está aberto para o servizo en Lago, e este venres, abrirase para reservalo en Vilaboa.