A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase a Lago e Vilaboa no mes de abril

As persoas interesadas nas revisións xa poden solicitar cita previa

Valdoviño, 10 de marzo de 2022. Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desplazarase ao Concello de Valdoviño a primeiros do mes de abril para facilitar as revisións deste tipo de vehículos. Así, as persoas interesadas xa poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00. 

Deste xeito, a unidade estará o 5 de abril na explanada da cooperativa de Lago e o 6 de abril na explanada da estación de servizo de Vilaboa. Nos dous casos, en horario de mañá (de 9 a 13 :30 h) e de tarde (de 15 :15 a 18 h).