A psicopedagoga María José Lladó e a pedagoga Laura Veiga ofrecen este sábado a charla Fogares emocionalmente seguros
Dirixido ao público en xeral, celebrarase no auditorio da casa da cultura ás 19:00 horas, con entrada libre
Valdoviño, 12 de xuño do 2023. O Concello de Valdoviño, a través da área de Servizos Sociais, celebrará este sábado 17 de xuño a charla «Fogares emocionalmente seguros. A chave para a saúde integrativa». O coloquio terá lugar no auditorio da casa da cultura, a partir das 19 horas, dirixido ao público en xeral e con entrada libre, sen inscrición previa. Estará impartido por María José Lladó Sánchez, psicopedagoga con formación en psicoterapia e musicoterapia, coaching de empresas e terapia familiar, e Laura Veiga García, pedagoga e educadora social con formación en coaching e programación neurolingüística. Son fundadoras de ALGIZ, unha firma que nace para acompañar no camiño da vida, capacitando a chegada de éxitos fronte ás dificultades, poñendo especial énfase nos procesos de semente e colleita.
Na charla deste sábado, as dúas profesionais abordarán temáticas vencelladas coa seguridade emocional, a protección afectiva e a saúde integrativa.