O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade facilita a inserción laboral de dúas veciñas de Valdoviño
Tras completar a fase teórica, asinaron os seus primeiros contratos
Valdoviño, 13 de xuño do 2023. Dúas veciñas de Valdoviño asinaron un contrato de traballo no sector da limpeza tras completar o itinerario formativo do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. A participación no proxecto facilitoulles a súa entrada no mercado laboral, cumprindo así obxectivos, e dende hai uns días, están a traballar nunha empresa local e noutra con sede en Ferrol e actividade tamén no municipio. As dúas participantes completaban previamente a fase teórica do itinerario, de 120 horas de duración. Precisamente, a fase práctica arrancaba a semana pasada, coa participación dunha terceira veciña de Valdoviño, que completará a súa formación na empresa concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais públicos de Ferrol.
Así mesmo, o programa tamén está a acoller un segundo itinerario de preelaboración e conservación de peixes, crustáceos e mariscos, de 100 horas de duración. No mesmo, tamén participa unha alumna de Valdoviño, que esta semana comezará as prácticas en aula.
O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade está financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal con 225.000 € sobre os 250.000 € do custo total. Está dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos Concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Narón, Neda, Mugardos e Valdoviño