A programación deportiva de verán inclúe tenis, baloncesto, fútbol sala, atletismo multixogo e ximnasia na pista da Frouxeira

O Concello abre este mércores a preinscrición nas actividades OcioSol

Valdoviño, 12 de xuño do 2023. Tras o avance dos cursos de natación e actividades acuáticas que se desenvolverán na piscina municipal de Lago, o Concello de Valdoviño suma á programación deportiva de verán OcioSol 2023 tenis, baloncesto, fútbol sala, atletismo, multixogo e ximnasia de mantenemento. As clases terán lugar na pista deportiva da Frouxeira, e en caso de choiva, trasladaríanse ao pavillón municipal do Longoiro, agás ximnasia, que se celebraría na Casa da Cultura. 

O Concello abrirá este mércores 14 de xuño o prazo de preinscrición na programación OcioSol, que poderá formalizarse no rexistro xeral da casa consistorial ou a través deste formulario. 

Tenis, baloncesto, atletismo e fútbol sala están dirixidas a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2017; multixogo para aqueles e aquelas nados entre 2014 e 2018, e ximnasia, para persoas de 18 anos en adiante. 

Os horarios son os seguintes: 

Baloncesto: luns e xoves ás 10:30 h e mércores ás 11:30 h

Ximnasia: mércores e venres ás 10:30 h

Atletismo: mércores e venres ás 10:30 h

Tenis (2014-2017): luns e venres ás 11:30 h

Fútbol sala (2014-2017): martes e xoves ás 11:30 h

Multixogo: martes ás 10:30 h e mércores ás 12:30 h

Tenis (2010-2013): luns e venres ás 12:30 h

Fútbol sala (2010-2013): martes e xoves ás 12:30 h 

O custe das actividades é de 7,37 euros ao mes, agás ximnasia, para adultos, cun custe de 8,86 euros.