Os enseres retirados da vía pública este verán multiplícanse por dous
A cantidade de mobles e enseres retirados por parte do Concello de Valdoviño experimentou un espectacular incremento co inicio do verán. Segundo os últimos datos dos que se dispón, do mes pasado, retiráronse un total de 28.880 kilogramos da vía pública, o que supón un aumento do 48,25%.
Concello convoca unha liña de subvencións de apoio ás familias e menores para paliar o impacto provocado pola COVID-19
O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello vén de activar unha convocatoria de subvencións destinadas a familias e menores para axudar a paliar o impacto económico, social e laboral derivado da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Espectáculo de circo este domingo en Lago
O circo chega este domingo ao parque de Lago. Alí, a compañía The Freak Cabaret Circus escenificará a súa obra «Bicirco» a partir das 19,30 horas.
A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este venres a Meirás
O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este venres 24 de xuño.
O parque de Marnela acollerá este sábado o concerto “Cociñando música” co Capitán Garfo
A programación cultural do Concello de Valdoviño trasladarase este sábado 25 de xullo ao parque de Marnela (Pantín). Será este o escenario privilexiado do concerto «Cociñando música» a cargo do Capitán Garfo.
O Concello habilita un novo aparcadoiro nas inmediacións da praia de Outeiro
O Concello de Valdoviño vén de poñer en servizo unha nova zona de estacionamento nas inmediacións da praia de Outeiro, en Lago. Ocupa unha superficie duns 2.000 metros cadrados e sitúase a uns 500 metros do areal.
Proxección do filme de animación “Smallfoot” este xoves na pista polideportiva de Lago
O ciclo de cine de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves 23 de xullo na pista polideportiva de Lago. Alí, a partir das 22,45 horas, proxectarase o filme de animación «Smallfoot».
O Concello aproba a adquisición dunha parcela de 4.000 m2 ao pé da Frouxeira
O pleno do Concello aprobou por unanimidade a modificación de crédito necesaria para afrontar a adquisición dunha parcela ao pé da praia da Frouxeira duns 4.000 metros cadrados.
O Océano Surf Museo reabre as súas portas
O Océano Surf Museo reabría hoxe as súas portas en Valdoviño. Iso si, adaptando as súas normas de funcionamento á nova normalidade derivada da COVID-19.
Medidas ante a COVID-19 nas actividades deportivas
O Concello de Valdoviño contempla unha serie de medidas ante a COVID-19 na celebración das actividades deportivas organizadas no Ociosol 2020.