O Concello leva a cabo as obras de ampliación da zona de xogos do alumnado de Educación Infantil do CPI Atios
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, realizou esta semana unha visita ao CPI Atios acompañado dos concelleiros de Obras e Servizos, Alejandro García, Benito Vega e Germán Gómez, para supervisar a evolución das obras de ampliación da zona de xogos reservada ao alumnado de Educación Infantil.
De bancos e selfies
O éxito do famoso banco de Loiba, o coñecido como «The best bank of the world» déixase sentir xa en toda a costa. A moda de instalar ao bordo do cantil asentos- calquera que sexa o seu estilo, a súa forma e mesmo o seu número- estendeuse como a pólvora, ata o punto de que este elemento para o descanso comeza a facerse imprescindible en calquera miradoiro natural que se prece.
O Concello inviste 120.000 euros no servizo de socorrismo das praias
As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello fai un especial esforzo inversor, destinando unha partida que alcanza os 120.000 euros.
O Concello condea en pleno os ataques vandálicos contra o mobiliario urbano, propiedades privadas e espazos naturais
O Concello de Valdoviño acordou no día de onte aprobar unha declaración institucional de condea ante a oleada de ataques vandálicos rexistrados nas últimas semanas en mobiliario urbano.
Arranca o curso sobre voluntariado incluído no Programa Mellora
Un total de 12 veciñas e veciños iniciaban onte á tarde, na Casa da Cultura, o curso «Acompañándote, Todas e todos contamos». A segunda acción formativa do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego no que as persoas que se viron afectadas laboralmente pola COVID-19 teñen participación gratuíta -10 euros para o resto-.