Instalación do parque biosaludable da Frouxeira

O luns 6 de maio comenzarán a instalarse os elementos do parque biosaludable nas inmediacións da praia da Frouxeira.
 
A instalación dos elementos farase nas inmediacións do parque para os nenos que está preto da caseta de salvamento e socorrismo da praia da Frouxeira e  xunto aos elementos biosaludables para as persoas maiores tamén se sustituirán algúns dos elementos que hai para os nenos, xa que non se atopan en bo estado.
 
O importe total da inversión realizada ascende a máis de quince mil euros.