- Galego
- Español
- English
FICHA TÉCNICA | ONDAS DE SABOR · VALDOVIÑO
O proxecto «ONDAS DE SABOR: promoción do consumo de percebe e bivalvos de Valdoviño» é unha iniciativa impulsada polo Concello de Valdoviño presentada á convocatoria de axudas para proxectos ao amparo da estratexia de desenvolvemento local participativo, aprobada polo GALP A Mariña – Ortegal, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. O pasado 18 de decembro o proxecto foi aprobado pola Consellería do Mar, obtendo o financiamento para a súa execución.
ONDAS DE SABOR é unha proposta para apoiar o sector marisqueiro e o seu peso económico para a vila. Para iso levaranse a cabo actividades variadas adaptadas aos diferentes públicos, nas que se traballe na valorización dos produtos, os oficios e as xentes do mar, destacando o peso do seu traballo e o seu papel na conservación do medio, así como a importancia do consumo de produtos locais.
TOTAL DO PROXECTO (Subvencionable + non subvencionable): 63.778,86 €
TOTAL AXUDA PÚBLICA APROBADA: 63.778,86 €
PORCENTAXE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA: 100%
COSTE DO PROXECTO POR ANUALIDADES:
Anualidade 2023: 468,25€
Anualidade 2024: 31.747,88€
Anualidade 2025: 31.562,73€
ONDAS DE SABOR ten como obxectivo xeral:
Mellorar o peso económico do sector marisqueiro, valorizando o produto local a través do fomento do seu consumo, mediante accións nas que se dá a coñecer o rol das xentes do mar na conservación do medio mariño, o papel das Confrarías de Ferrol e Cedeira, a calidade e a trazabilidade dos seus produtos a través da sensibilización de escolares, sociedade e profesionalización da hostalería local.
Entre os seus obxectivos específicos destaca a necesidade de:
> Achegar a diferentes públicos os beneficios da alimentación saudable e do consumo de produtos mariños Km0 – de gran calidade dada a súa trazabilidade e características acordes á sostibilidade – enxalzando o rol de coidado que cumpren os profesionais do mar e as Confrarías na conservación do medio mariño e no equilibrio dos recursos e biodiversidade, mediante a execución de aulas mariñeiras, saídas ao litoral, guiados e exposición didácticas.
> Reforzar as relacións locais entre o sector do mar e o hostaleiro á hora de promover o uso de especies mariñas da zona e a súa transformación na cociña, ofertando produto de km0 á propia veciñanza e visitantes, visibilizando as Confrarías e fomentando a comercialización de todo tipo de especies mariñas e subprodutos.
Para alcanzar os obxectivos descritos levaranse a cabo as seguintes actuacións ao longo das anualidades 2023, 2024 e 2025:
ACTIVIDADE |
ANO DE EXECUCIÓN |
||
2023 |
2024 |
2025 |
|
ACTIVIDADE 1. AULAS MARIÑEIRAS CON ESCOLARES DO MUNICIPIO DE PRIMARIA E SECUNDARIA • 10 sesións de traballo en aula. • 5 saídas ao territorio (2 aulas/saída). |
|
|
|
ACTIVIDADE 2. GUIADOS DE RUTAS PARA O PÚBLICO XERAL coa participación de colectivos do mar e no litoral. • Deseño e guiado de 1 ruta adaptada á programación turística. • Realizaranse 4 saídas dirixidas ao público xeral. |
|
|
|
ACTIVIDADE 3. EXPOSICIÓNS EXTERIORES SOBRE O PESO ECONÓMICO, XENTES DO MAR, CONSUMO KM0 E GASTRONOMÍA LOCAL DIRIXIDAS AO PÚBLICO EN XERAL. • Colocación dos dispositivos informativos en dous eventos |
|
|
|
ACTIVIDADE 4. SESIÓNS FORMATIVAS DE COCIÑA MARIÑEIRA PARA A HOSTALERÍA LOCAL KM0. • 2 sesións formativas con produto e subproduto local dirixidas a profesionais da hostalería. |
|
|
|
ACTIVIDADE 5. ACCIÓNS DE COMUNICACIÓN DO PROXECTO • 10 notas de prensa e 20 post para RRSS • Fotografías e contacto cos medios |
|
|
|