Image Alt

Novas Valdoviño

  /    /  Novas Valdoviño

Novas Valdoviño

Queres recibir cada día información de interese municipal, axenda de actividades deportivas, culturais ou sociais, avisos, incidencias, convocatorias…? O Concello de Valdoviño pon á túa disposición Novas Valdoviño, un servizo de información vía whatsapp. Súmate en dous pasos: Engade na túa libreta de contactos o número 626 95 89 72, envía a ese número un whatsapp coa palabra ALTA e o teu nome e apelidos e, listo!

O Concello enviará, como máximo, dúas mensaxes ao día, que recibirás de forma individual, xa que é unha lista de difusión, non un grupo. Así mesmo, se o desexas, podes darte de baixa en calquera momento enviando un whatsapp ao número sinalado coa palabra BAIXA nome e apelidos.

Lembra que este é un servizo de difusión de contidos, non de consulta, polo que se precisas realizar algunha pregunta ou solventar calquer dúbida tes á túa disposición os mecanismos habituais: Rexistro Xeral Municipal e teléfono do Concello 981 48 70 41. Ademais, para a comunicación de incidencias, tamén contas co whatsapp do Veciño: 619 410 161.