- Galego
- Español
- English
Camiño a Teixido
O proxecto “XERACIÓN DE CONTIDOS TURÍSTICOS E DE SOPORTES DE SINALIZACIÓN PARA O TRAZADO NO CONCELLO DE VALDOVIÑO DO CAMIÑO VELLO A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO. CAMIÑO A TEIXIDO” está impulsado polo Concello de Valdoviño para valorizar esta ruta singular, ao seu paso polo municipio.
CAMIÑO A TEIXIDO está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
- Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 16.111,15 €
- Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 16.111,15 €
- Total axuda pública aprobada (€): 16.111,15 €
- % Subvención: 100
Obxectivo xeral:
Poñer en valor o Camiño de Santo André de Teixido ao seu paso polo municipio de Valdoviño, a través da promoción de elementos patrimoniais e ambientais, creando un itinerario interpretativo desta ruta singular.
Obxectivos específicos:
· Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial vinculado á ruta de Santo André de Teixido, consolidando o recoñecemento da mesma como sinal de identidade.
· Fomentar desestacionalización turística a través da promoción dun destino turístico diferenciado.
Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022:
· Actividade 1. Xeración de contidos.
· Actividade 2. Produción e colocación de monolitos indicativos e vinilación de paneis.