O servizo de socorrismo continuará a primeira semana de setembro nas praias da Frouxeira e de Pantín

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que o servizo de socorrismo estenderase ata o 8 de setembro nas praias do Rodo (Pantín) e da Frouxeira (Valdoviño), as de maior afluencia de bañistas do municipio.
 
Así mesmo, lembra que, como establece o contrato, no resto dos areais (O Río, O Baleo e Vilarrube) rematará mañá, 31 de agosto, polo que se pide precaución aos bañistas que se acheguen a estas praias e a outras na tempada na que non hai servizos de socorrismo.