A Xunta notifica a concesión dunha achega para a renovación e mellora das instalacións lumínicas nas vivendas de Mourente e Pantín

A Xunta de Galicia vén de notificar ao Concello de Valdoviño a concesión dunha achega por importe de 23.390,33 euros ao abeiro da liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2019. Desta cuantía, 10.000 euros destinaranse a financiar gastos de funcionamento e, os 13.390,33 euros restantes, ás obras de renovación e mellora da iluminación pública nas vivendas de Mourente e na pista deportiva anexa á igrexa de Pantín.
 
Neste caso, substituiranse as luminarias existentes nestas zonas, equipadas con lámpadas de descarga, por outras de maior rendemento enerxético e lumínico, que empreguen tecnoloxía LED como fonte de luz. En concreto, 27 puntos de luz na rúa Julio Aneiros e outros 8 na pista de Pantín.