O Concello de Valdoviño adscríbese ao "Protocolo para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, beneficiarase das actuacións do "Protocolo para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores" asinado o 4 de Xullo de 2014 entre a Xunta de Galicia, a Federación Gallega de Banco de alimentos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Consiste na entrega de alimentos a aquelas familias valoradas dende os Servizos Sociais Municipais que teñan menores a cargo e que presenten problemas para cubrir as necesidades alimenticias nos meses de verán por falla de recursos económicos, cumprindo así mesmo as condicións do artigo 49 da Lei 10/2013, de inclusión social de Galicia e non reciben outras axudas para esta finalidade.
O Concello de Valdoviño fará efectiva a primeira entrega entre o venres 18 e o luns 21 de Xullo.