Programación do verán

A aventura e o deporte sobresaen con forza na programación do verán de Valdoviño. A II Feira de Turismo Activo, Valdoaventura, ofrecerá numerosas actividades durante o primeiro fin de semana de xullo, momento no que tamén se celebrará o Campionato Galego de Tiro con arco. Xa no mes de agosto chegarán dous clásicos: a Baixada de Carrilanas e o Pantín Classic.
 
Entre as actividades programadas hai que salientar tamén a Feira de Artesanía (20 de xullo), a Festa do Percebe (2-3 de agosto) ou a Festa da Pataca (9 de agosto). E coma no resto do ano, a programación cultural complétase con exposicións, cinema ou teatro.