O Concello saca a contratación as obras na estación de bombeo da Cubeta

A intervención permitirá ampliar o servizo de saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas, na parroquia de Meirás

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación as obras de extensión da rede eléctrica para dar subministro á estación de bombeo situada na Cubeta, en Meirás. Uns traballos a licitación cun orzamento de 41.649,24 euros a financiar con cargo aos fondos do POS Adicional 2019 cun prazo de execución de 3 meses. O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 30 de outubro e os pregos e procedemento poden consultarse na plataforma de contratación do sector público.

A actuación posibilitará a posta en marcha da estación de bombeo da Cubeta, o que permitirá ampliar o servizo de saneamento aos lugares de Fornos e Pallotas, na parroquia de Meirás. Para iso, será preciso a instalación das correspondentes bombas –cuxa sustracción denunciou no seu día o Concello ante a Garda Civil, aínda que nunca chegaron a funcionar, xa que a instalación carecía de suministro eléctrico, situación que tamén se remediará con esta intervención-.

 

.