O Concello de Valdoviño adxudica as obras de acondicionamento de 15 pistas e camiños por 180.349,48 euros
Levaranse a cabo en Lago, Meirás, Pantín, Sequeiro e Valdoviño
Valdoviño, 25 de marzo de 2022. O Concello de Valdoviño iniciará nas próximas semanas as obras de acondicionamento de 15 pistas e camiños municipais nos que investirá algo máis de 180.000 euros. O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da adxudicación definitiva dos traballos á empresa SYR-AMG SL cun prazo de execución estimado de 6 meses.
As intervencións financiaranse con cargo ao POS+Complementario da Deputación, e con elas búscase o arranxo dalgúns dos viais máis deteriorados mediante a súa pavimentación.
Son estes:
- En Pantín:
- En Marnela, pista que enlaza co vial de baixada á praia.
- Camiño de Beceiros, que conecta a estrada AC566 co vial do Ariño.
- Camiño de Domondó, na estrada AC566 en dirección a Cedeira enlaza co vial que conduce a Loira.
- Camiño de Frádigas, conecta o lugar coa estrada de Cedeira
- En Valdoviño:
- Camiño no Coval, pista sen saída que dá servizo a vivendas no lugar da Pena.
- Camiño na Carreira, que enlaza a estrada do Trece coa rúa Carrilanas.
- Pista no lugar do Penso, que parte da zona do aparcadoiro situado na parte traseira da casa consistorial e alcanza a AC566
- Vial na Frouxeira, que enlaza dende a rotonda ata a Avenida de Ferrol.
- Vial na Ladeira que conecta co Miradoiro do Paraño.
- Vial nas inmediacións do centro de saúde, perpendicular á subida ao CPI enlaza coa AC566 en dirección Cedeira.
- Pista de Mirós, conecta a estrada do Trece co lugar da Vacariza (Aviño).
- En Sequeiro:
- Camiño de San Bartolomé, enlaza a estrada AC116 co lugar de Lodeiro.
- Pista no lugar das Penas, sen saída e que dá servizo a vivendas.
- En Lago: Camiño do Vilar.
- En Meirás: Camiño da Gándara, pista sen saída que dá servizo a vivendas nas inmediacións de Casa Suárez.
Comentarios