O Concello convida a persoas autónomas e empresas locais a participar no II Mercado Ecolóxico e de Consumo Responsable

Poden trasladar a súa solicitude vía email ata o 31 de maio

Valdoviño, 9 de maio de 2024. O Concello de Valdoviño celebrará o 22 de xuño a segunda edición do seu Mercado Ecolóxico e de Consumo Responsable. Como o ano pasado, terá lugar na Porta do Sol, fronte á Casa de Joselito, en horario de mañá. Nesta liña, a concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García, lanzaba esta mañá unha invitación aberta ás persoas autónomas e empresas do municipio para participar na cita, poñendo á venda os seus produtos nos espazos expositores. Especialmente, aqueles ligados ao consumo responsable ou relacionados co ámbito agrario e artesán. Así, en caso de estar interesados/as deben comunicalo antes do 31 de maio enviando un correo electrónico a info@totemgestion.com para valorar a solicitude.

Ademais da comercialización de produtos ecolóxicos, frescos, de proximidade ou artesanía, o Mercado irá acompañado dunha programación repleta de actividades complementarias que se avanzarán nas xornadas previas á súa celebración, como actuacións musicais, charlas ou degustacións.