O calendario municipal 2022, xa a disposición da veciñanza de Valdoviño

Veciños e veciñas poderán recoller o seu na casa do concello e casa da cultura

Valdoviño, 24 de decembro de 2021. Trala súa presentación onte á tarde na casa da cultura, o calendario municipal 2022 do Concello de Valdoviño xa está a disposición dos veciños e veciñas, que poderán retiralo tanto na casa consistorial como na casa da cultura. Así mesmo, e como é tradición, o alcalde, Alberto González, explica que tamén se porán a disposición das entidades e asociacións do municipio para que realicen o reparto entre os seus socios e socias. 

O Concello imprimía 3.000 exemplares do almanaque, no que se recollen fermosas fotografías de paisaxes tomadas polos veciños e veciñas, e seleccionadas entre as máis de 200 presentadas ao concurso aberto pola Concellería de Cultura. 

Os autores e autoras destas son: Cristina Freire, Víctor Vergara, Jara Ortiz, Álvaro Núñez, Germán Caneiro, Jacobo Núñez, Noelia Uceira, María Aneiros, Alejandro García, Gustavo Lamas, Isabel Díaz e Ivana Ocampo.