Juan Carlos Couce Castro, subcampión no Campionato Galego de Surfcasting de veteráns

Logra así o seu pase para o Campionato de España a disputar en 2022

O valdoviñés Juan Carlos Couce Castro, do Club de Pesca O Rodaballo, proclamouse subcampión no Campionato galego de Surfcasting de veteráns celebrado esta fin de semana en Sanxenxo. Unha meritoria posición que lle dá o pase directo para o campionato de España a celebrar en 2022.

A participación dos deportistas da zona foi máis que destacada, xa que coparon as primeiras posicións na clasificación. Xunto a Juan Carlos Couce, subiron ao pódium Francisco Javier Mareque da AD O Escarapote (primeiro clasificado), e José Manuel Pena do Espiñazo Narón Fishing (terceira posición).

Dende o Concello, o alcalde, Alberto González, trasladou as súas felicitacións a Couce Castro, e agradeceu a promoción que o clube local fai do municipio en todas e cada unha das competicións nas que participa.