Inscrición aberta na xornada de formación en reanimación cardio-pulmonar que promoven Ferrol Surf School e Concello
Celebrarase este sábado ás 12:30 horas na praia de Vilarrube
Valdoviño, 18 de abril do 2023. No marco do programa municipal de fomento do deporte vinculado á concesión das autorizacións nas praias, a escola Ferrol Surf School levará a cabo unha xornada de formación en reanimación cardio-pulmonar. Socorristas titulados impartirán o curso, que se celebrará este sábado 22 de abril na praia de Vilarrube, ás 12:30 horas. É gratuíto, dirixido a persoas maiores de 16 anos, e as interesadas deben anotarse enviando un whatsapp ao 679 546 172 (o prazo remata o xoves 20 ás 18:00 horas).
No caso de menores de idade, deben aportar vía whatsapp un xustificante dos seus pais/nais ou titores legais.
Na iniciativa tamén colabora Cruz Vermella, que cederá para a parte práctica un maniquí de RCP.
Comentarios