Cinema de verán este xoves na contorna da Cooperativa de Vilaboa

Proxectarase o filme “Eroski Paraíso” e as invitacións xa poden retirarse na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol

O ciclo de cinema de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves 30 de xullo na contorna da Cooperativa de Vilaboa. Alí proxectarase o filme para todos os públicos «Eroski Paraíso». Será a partir das 22,45 horas e as invitacións para asistir ao pase pódense retirar na Oficina Municipal de Turismo hoxe luns, mañá martes e mércores de 11 a 17 horas e o xoves de 11 a 14 horas.

A proxección inclúese na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña e, dende o departamento municipal de Cultura do Concello, lémbrase a obriga de acudir con mascarilla.