Abertas inscricións no I Concurso Eco Es-Cultura Concello de Valdoviño

As obras deben realizarse a partir dos residuos retirados na Xuntanza de Limpeza Ambiental organizada o pasado sábado polo Océano Surf Museo

Valdoviño, 20 de xuño de 2022. O Concello de Valdoviño vén de convocar o I Concurso Eco-EsCultura. O certame desenvolverase o 2 de xullo na contorna do parque da praia da Frouxeira entre as 11 e as 19 horas, e a creación da escultura deberá realizarse nesa franxa temporal, polo que o público poderá achegarse ao proceso creativo dos/as participantes, que tomarán como base das súas obras os residuos recollidos esta fin de semana na I Xuntanza Interxeracional de Limpeza Ambiental de praias. Iso si, poderase aportar material adicional e procedente de reciclaxe trala revisión da organización. Deste xeito, As persoas interesadas en participar poden anotarse -ata o 30 de xuño-, cubrindo o seguinte formulario: https://bit.ly/3Od1HGX. 

Poden participar todas as persoas físicas, de xeito individual ou conformando grupos, e só se permite unha escultura por persoa ou equipo. A temática será libre, e o xurado valorará a creatividade, orixinalidade e valor estético e artístico. Todas as persoas participantes recibirán un eco-lapis plantable, e concederase un premio de 100 euros nun vale canxeable no comercio e hostalería locais -a entrega terá lugar o mesmo 2 de xullo ás 20 :30 h-. 

Esta acción enmárcase no programa deseñado polo departamento de Cultura e o Océano Surf Museo para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos. 

Calquera consulta pode realizarse a través do correo cultura@concellodevaldovino.com, presencialmente na Casa da Cultura ou nos teléfonos 981 48 76 66 e 645 305 229 (de luns a venres de 10 a 14 h). 

As bases do concurso están dispoñibles na web municipal.

2022 Bases I Concurso Eco-esCultura GALEGO pdf

2022 Bases I Concurso Eco-esCultura CASTELÁN pdf