As charlas do I Curso de Verán sobre Enerxías Renovables do Campus Industrial chegan este xoves a Valdoviño

O CEO de Puerta de Asia, Santiago Gil Casares, e o profesor Raúl Villa Caro abordarán as enerxías maremotriz e undimotriz

Valdoviño, 21 de xuño de 2022. No marco do programa Achegando o Campus Industrial de Ferrol á súa contorna, a Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este xoves 23 de xuño a charla «Enerxías maremotriz e undimotriz». O CEO de Puerta de Asia, Santiago Gil Casares, e o profesor Raúl Villa Caro serán os ponentes nesta conferencia que, con entrada libre, arrancará ás 20:00 horas. 

A charla forma parte do I Curso de Verán sobre Enerxías Renovables. Un curso que contemplou xa conferencias en Ferrol e As Somozas e que, tras o seu paso por Valdoviño, continuará en San Sadurniño, As Pontes e Narón.